Se onte foi o dÃa da presentación de Somos xente honrada o último filme de Vaca Films que tivo boa acollida de crÃtica (na sesión deste mércores mantén dous pases), hoxe Adivina Producións está en Málaga presentando Inevitable. A produtora Susana Maceiras, a actriz Mabel Rivera e o director Jorge Algora estiveron explicaron a caracterÃstica dun filme que definiron como “un filme de mulleres que se apoia na dramaturxia da obra orixinal”. A presentación do filme inclúe tamén un concerto de Berrogüeto, que alén dos seus temas, interpretou o tema principal do filme. A cita, unha referencia do cine español, desenvolvese ata o sábado na capital andaluza.
Canda estes tÃtulos, hoxe anúnciase a chegada a salas en Madrid e Barcelona de Drako, un filme rodado entre Galicia, ParÃs e BerlÃn cun amplo elenco galego. É o segundo filme de Francisco Brives que aborda o tema do maltrato homosexual. O filme está producido por O Grelo Producciones e chegará ao cinema en verán.