Na sección panorama desta edición de Documenta Madrid hai tres tÃtulos relativos a Galicia. Da banda das longametraxe está Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e Avión, o pobo ausente. Da outra, na das curtametraxes figura A Conserveira (David Batlle) . A cita arrinca este domingo na capital madrileña e repartirá 25.000 euros en premios entre longametraxes e curtametraxes, os premios do xurado e do público. Noutro certame, no Humanity Explored que se desenvolve en liña hai tamén un traballo galego. Trátase de As silenciadas, un documental de Pablo Ces con guión de Aurora Marco que recolle a loita das mulleres contra a represión franquista.