O Festival de Cans leva os seus traballos a Madrid e Barcelona

O certame estará presente en festivais de curtas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O agroglamour que desprende o festival de curtametraxes de Cans (Porriño) chegou onte á capital do Estado. No marco do 13º Festival Internacional de Curtametraxes, La Boca de Lobo, presentábanse dous traballos premiados no certame pontevedrés (Xeonllo e A nena que tiña unha soa orella). Fai parte da estratexia do certame de expendir o traballos dos novos realizadores fóra do marco do propio festival. Nesta liña, o Festival de Cans tamén se achegará mañá a Bruxelas onde participa por terceira vez na proxección que terá lugar no cine Vendome.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Madrid, Barcelona, Cine...