Logo dunha primeira quenda onde as entradas se esgotaron en menos dunha hora, hoxe abre a segunda das fases habilitadas para o Festival de Cans para vender as 400 entradas disponibles. O sistema dá conta do reclamo que ten este certame que se desenvolverá entre o 22 e o 25 de maio en Porriño (Cans) e que este ano celebra os seus dez anos de historia. Hoxe tamén saen a distribución, os 5.000 exemplares que ten o CanZine, a publicación oficial do certame coas colaboracións de Isabel Coixet, Juan Ibañez de El Hormiguero e Alejandro Marzoa. E como curiosidade, o certame estrea este ano moeda oficial: O Can, que será de curso “legal” entre os espazos oficiais do festival.