O pasado venres celebrouse unha xuntanza do Consello Reitor de Agadic na que se decidiu, entre outras cousas, designar a Dolores MeijomÃn (LalÃn, 1970) como coordinadora do Departamento de PolÃtica Audiovisual. Entre as súas funcións destaca, segundo unha nota de prensa de Agadic, "impulsar a relación entre os distintos axentes culturais galegos no ámbito do audiovisual e os seus posibles aliados no exterior, ademais de establecer programas de cooperación cara a promoción do audiovisual galego con outros centros de similares caracterÃsticas ás da Agadic". MeijomÃn leva anos vencellada á polÃtica audiovisual en diferentes departamentos como a secretarÃa xeral de Medios ou o Consorcio Audiovisual Galego pero tamen na propia Agadic, onde se encargaba da presenza do sector audiovisual nas feiras sectoriais (EFM de BerlÃn, Miptv, Mipcom e Marché du Film de Cannes, Ventana Sur de Bos Aires, etc.) e en festivais internacionais.