Morre o actor Tucho Lagares

Participou en series como Mareas Vivas ou As leis de Celavella

O actor Tucho Lagares finou onte na Coruña aos 81 anos. Lagares, cunha dilatada traxectoria en cine, teatro, televisión e mesmo zarzuela. Iniciouse no audiovisual galego nos anos 80 e foi actor de reparto nalgunhas das series máis coñecidas dos últimos anos en Galicia, como Mareas Vivas, As Leis de Celavella ou Pratos combinados.