Morre o actor Tuto Vázquez

Foi moi coñecido polo seu papel de Ramón Couto en Mareas Vivas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Tuto Vázquez

Tuto Vázquez

Despois dunha longa enfermidade, hoxe faleceu o actor Tuto Vázquez. Nado en Ribeira, este licenciado en arte dramática, tiña unha ampla experiencia en cine, radio e dobraxe. Malia que comezou a súa carreira profesional no teatro, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na televisión, onde foi o popular Ramón Couto de Mareas Vivas. O seu último traballo foi Padre Casares onde interpretou a Don Crisanto na primeira temporada, ata que a enfermidade lle impediu continuar e foi substituído por Gonzalo Rey Chao. Na súa filmografía figuran as películas Camiño de Santiago: A Orixe (2004), O lapis do carpinteiro (2002), Blanca Madison (2000), e ademais das series citadas, Avenida de América (2001)e Pratos combinados(1995).

Que che parece esta nova?
161 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Camiño de Santiago, Teatro, América

Claves

Lugares