Dunha banda conferencias e da outra un seminario de carácter práctico. Nas xornadas de debate profesionais e especialistas tentarán debuxar un panorama dos novos formatos e produtos asà como proporán ideas de cara ao futuro. No seminario práctico, Celanova, plató de ficción, dirixido por Paulino Pérez Feijoo e destinado especificamente a alumnos de Comunicación Audiovisual, deberán facer unha webserie de tres capÃtulos con orzamento pechado. A cita é un clásico no programa formativo do sector audiovisual galego e está organizado pola Fundación Carlos Casares, a Axencia Galega das Industrias Culturais e o concello de Celanova.
Programa do curso.