15/09/2015
Chega Curtocircuíto con 40 filmes a concurso
Coa xa anunciada presenza de Aki Kaurismäki e o ciclo centrado en Jørgen Leth como principais engados, a nova edición de Curtocircuíto chegará a Compostela entre o 6 e o 11 de outubro vindeiros. O festival de curtas, que se presentaba onte, incorpora este ano espazos como o cinema NUMAX ou o espazo A Unitaria aos xa habituais como o Teatro Principal ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. A nivel de filmes, entran a concurso un total de 40 producións entre as 3.270 propostas que chegaron de 93 países. Das proxeccións, 19 serán estreas a nivel estatal. Ademais de filmes, e froito da colaboración co festival WOSINC e co LEV de Xixón, o programa inclúe concertos como os de Moon Duo e Fumaça Preta, e mais obradoiros, un dos cales estará a cargo do cineasta galego Oliver Laxe..
Amplía a nova>>
08/09/2015
Vinte e oito filmes compiten no VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu
Ser e voltar de Xacio Baño, abría onte as proxeccións do VIII Festival Internacional de Curtas de Bueu. O Centro Social do Mar acolle ata o vindeiro sábado 12 de setembro os vinte e oito filmes que participan nesta edición, chegados de Galicia, Francia, Rumanía, Alemaña, Xeorxia, Estados Unidos, Canadá, Estonia, Dinamarca ou Irán. En canto á presenza galega, a obra de Baño estará acompañada dos filmes
Curricán de Álvaro Gago,
Unary, Guís Gvilés e
Véndese (Baixo prezo, pouco uso) de J.A.Blanco. Ademais, o Auditorio de Cangas acollerá unha retrospectiva de obras que pasaron por anteriores edicións do evento, e os comercios de Bueu desenvolverán un concurso a partir da ambientación cinematográfica dos seus escaparates. O programa incluíu tamén unha conferencia de Salvador Castro sobre cinema de literatura. .
Amplía a nova>>
04/09/2015
San Sadurniño volve a vestirse de cine co II Chanfaina Lab
O concello coruñés de San Sadurniño acolle esta fin de semana a segunda edición do Chanfaina Lab. Máis de vinte realizadores audiovisuais participan nesta inciiativa que tenta "poñer en valor o territorio rural a través dos ollos dos creadores e creadoras galegos". Este venres inícianse as actividades cun ciclo de cine rural para todos os públicos cos filmes:
O Carro e o home (Antonio Román),
Mamasunción (Chano Piñeiro) e
O desexo (Miguel Castelo) entre outros. Os realizadores gravarán pequenas pezas audiovisuais no concello que serán emitidas, posteriormente, en xaneiro. .
Amplía a nova>>
02/09/2015
O filme El Desconocido de Vaca Film chega ao Festival de Venecia
O filme
O descoñecido, producido por Vaca Films, estréase hoxe no Festival de Venecia, na sección para Nvos talentos. A película está dirixida polo monfortino Dani de la Torre e entre o elenco conta con Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Goya Toledo o Antonio Mourelos, entre otros. Os exteriroes de Vigo e Coruña son parte das secuencias filmadas no país. A película tamén se proxectará no Festival de San Sebastián e a estrea en salas será o 25 de setembro. .
Amplía a nova>>
26/08/2015
Trece proxectos reparten as axudas ao talento audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) daba a coñecer onte a resolución das axudas ao talento audiovisual. As subvencións, que buscan incorporar novas voces a este ámbito, distribúen un total de 145.000 euros entre 13 proxectos de escrita de guión e mais de realización de curtas e de longametraxes en versión orixinal galega. En concreto, dentro da liña de apoio a longametraxes de directores noveis, Andrés Goteira con
Dhogs, Ángeles Huerta para
Esquece Monelos e José Manuel Mouriño Lorenzo, con
Manuel Vilariño. Ser luz recibirán cadanseus 30.000 euros.
.
Amplía a nova>>
25/08/2015
A AGAPI analiza o novo modelo de audiovisual nunhas xornadas
A Cidade da Cultura acolle os vindeiros 9 e 10 de setembro as xornadas que a Asociación Galega de Produtoras Independentes convoca encol do novo modelo do audiovisual. As opcións de financiamento, as novas axudas automáticas, o papel da distribución ou a importancia do Plan de Marketing son cuestións que se abordarán nesta cita, aberta a todos os interesados. Relatores como Emma Lustres, Marta Baldó, Pedro Peira ou Lorena González abordarán os diferentes eixes do programa..
Amplía a nova>>
20/08/2015
Aki Kaurismäki participará no vindeiro Curtocircuíto
O cineasta finlandés Aki Kaurismäki participará no vindeiro festival Curtocircuíto como programador convidado. Segundo anunciaron onte os responsables do evento que se celebrará en Compostela entre o 6 e o 11 de outubro, o director protagonizará o ciclo
Rock & Shorts no que se recuperarán os filmes musicais que Kaurismäki realizou sobre a banda Leningrad Cowboys. Ademais, a sesión
Signed by Aki K. amosará tres filmes seleccionados por el.
The Fatal Glass of Beer de Clyde Bruckman,
Let There Be Light de John Huston e
Seul l’avenir nous le dira de Chilles Charmant poderán verse nesta sección. O director tamén protagonizará encontros co público na que será a décimo segunda edición do festival. .
Amplía a nova>>
13/08/2015
Riós acolle o VIII Festival das Artes Escénicas
A Praza do Concello de Riós acolle hoxe e mañá a VIII edición do Festival de Artes Escénicas. Audiovisual, música e teatro mestúranse nesta iniciativa, que contará con actuacións como as de Najla Shami, Gustavo Almeida, Habitación Vudú, a Coral Cantarela e Pandereteiras de Riós. Ademáis proxectaranse filmes como
Mil sorrisos e un perdón ou avances de
Vida e
Máis ca vida así como o making of do documental
Zamarras negras. Mercedes Peón, homenaxaeada coa Castaña de Cristal, e mais Roberto Verino e María do Ceo que darán nome a dous castiñeiros, serán os persoeiros recoñecidos nesta edición do evento. A edición inaugura ademais a sección Gatroñam, que integra a gastronomia no programa..
Amplía a nova>>
12/08/2015
Comezan as Xociviga no Carballiño
Hai xa trinta e dous anos que o Carballiño acolle as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia. A nova edición comeza hoxe mesmo, cun programa que inclúe oito producións internacionais, catro documentais galegos e tres filmes para os máis novos. Ademais, poderán coñecerse os proxectos Cine en Curso, os traballos dos alumnos das Escolas de Imaxe e Son e o festival audiovisual Olloboi, organizado por docentes de todo o país. Os creadores Marcos Nine, Luis Avilés, Manuel Iglesias Nanín, Marta F. Alberte, María e Marcos Hervera, Alfonso Zarauza e Pablo Ces participarán no encontro a presentar os seus últimos traballos.
.
Amplía a nova>>
31/07/2015
Nace a coordinadora de festivais audiovisuais galegos
Preto de vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron o martes en Santiago crear unha coordinadora que lle dea maior visibilidade aos festivais que se están a realizar en Galicia. Os directores presentes na xuntanza apoiaron a creación dun calendario común de festivais. Tamén valoraron a importancia de prestarse apoio técnico e xurídico, e de constituírense como unha única voz ante as administracións. A nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente. .
Amplía a nova>>