A Cidade da Cultura acolle os vindeiros 9 e 10 de setembro as xornadas que a Asociación Galega de Produtoras Independentes convoca encol do novo modelo do audiovisual. As opcións de financiamento, as novas axudas automáticas, o papel da distribución ou a importancia do Plan de Marketing son cuestións que se abordarán nesta cita, aberta a todos os interesados. Relatores como Emma Lustres, Marta Baldó, Pedro Peira ou Lorena González abordarán os diferentes eixes do programa.
Programa das Xornadas formativas sobre o novo modelo audiovisual.