16/07/2015
A AGADIC financia o desenvolvemento de 11 proxectos audiovisuais
Son oito longametraxes de ficción, un documental, outra de animación en 3D e dun piloto dun programa para televisión, as que resultaron financiadas por AGADIC por seren proxectos audiovisual en fase de desenvolvemento. Recibirán en total 185.000 euros nesta liña de axudas. .
Amplía a nova>>
09/07/2015
Comeza na Coruña o XIV Mundos Dixitais
Un ano máis, A Coruña acolle o encontro Mundos Dixitais. A XIV Edición desta iniciativa dedicada á animación, videoxogos, efectos especiais e arquitectura 3D volta á Cidade Herculina cun programa no que participan figuras de primeira liña destas especializades. Animadores de
Xogo de Tronos,
Hotel Transilvania,
Gardiáns da Galaxia ou
Os Vengadores, entre outros pasarán polo o encontro. Ademais, estrearase o filme francés
Yellowbird e a produción española
Atrapa a bandeira. No campo dos premios, recoñecerase o traballo de Sergio Pablos, responsable entre outros proxectos de
Gru, o meu vilán favorito, e tamén se entregarán os 3D Awards, principais galardóns a nivel mundial no campo da arquitectura dixital..
Amplía a nova>>
30/06/2015
Catro producións audiovisuais galegas en proxección internacional
Tres documentais galegos participan en diferentes seccións do Festival Internacional de Documentais de Marsella, segundo informan no blog
Acto de Primavera. No encontro de financiamento participará o próximo proxecto de Lois Patiño:
Tempo Vertical. Nunha sección paralela estará a mediometraxe
Día da Victoria de Alberto Lobelle e na competición a mellor ópera prima o
Jet Lag de Eloy Domínguez Serén. Por outra banda, o filme
El desconocido, protagonizado por Luís Tosar e coa participación de Vaca Films e a TVG na produción, foi seleccionado polo organismo European Film Promotion para ser exhibido nun pase para a industria no Tribeca Grand Hotel Screening Room de Nueva York, de cara a súa exhibición en salas americnas. .
Amplía a nova>>
16/06/2015
Todo preparado para o Festival de Cinema Galego de Nova York
A integrar audiovisual e gastronomía, o vindeiro venres 19 de xuño bota a andar o Galician Cinema Festival de Nova York. O proxecto pretende da a coñecer o traballo das empresas galegas da sétima arte en Estados Unidos. O programa inclúe unha presentación dos Premios Mestre Mateo e mais unha proxección do filme
Os fenómenos de Alfonso Zarauza. Ademais, realizarase unha degustación de produtos galegos centrada especialmente en viño, cervexa, conservas e aceite..
Amplía a nova>>
10/06/2015
NUMAX leva o premio ao mellor proxecto cooperativo 2015
Apenas tres meses despois da súa apertura en Compostela, o proxecto NUMAX xa acadou un recoñecemento. A Consellaría de Traballo outorgoulle a este cinema, libraría e laboratorio audiovisual e gráfico o premio ao mellor proxecto cooperativo de 2015. O galardón, dotado con 5.000 euros, entregarase o vindeiro 4 de xullo, día das cooperativas, na Cidade da Cultura. Os promotores do proxecto cultural dedicaron o premio aos avalistas, clientes e colaboradores que "facedes deste proxecto algo vivo e polo que paga a pena seguir traballando". Canda a NUMAX, foron tamén galardoadas a cooperativa de consumo coruñesa Zoca Miñoca polos seus valores cooperativos e mais Amarelante pola promoción do cooperativisimo..
Amplía a nova>>
10/06/2015
Nace un programa para adaptar obras literarias galegas ao audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE) daba a coñecer onte o programa
Firma e Filme. Este proxecto busca promover adaptacións cinematográficas de obras literarias galegas. Como primeiro paso do novo programa, está a se realizar unha recollida de datos tanto da oferta editorial existente "como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras". Para isto, todas as entidades interesadas en participar teñen ata o 18 de xuño para enviar fichas normalizadas cos seus intereses (as produtoras) e cos títulos con posibilidades de adaptación (as editoras)..
Amplía a nova>>
08/06/2015
A volta dos nove imponse no festival Primavera do Cine de Vigo
O documental de Antonio Caeiro
A volta dos nove foi seleccionada polo público como mellor longametraxe na IV edición do festival Primavera do Cine. O encontro vigués fechaba onte as súas portas logo do que a organización recoñeceu como un "éxito de crítica pero non de público". Os asistentes seleccionaron tamén
Curricán de Álvaro Gago como mellor curtametraxe, e outorgáronlle o premio ao mellor videoclip a
Bombones de cereza, no que Cristian Otero y Marc Soler lle poñen imaxes a un tema do grupo Inerttes. O festival entregou tamén o seu premio de honra a Sarabela Teatro en homenaxe á súa traxectoria..
Amplía a nova>>
05/06/2015
A produtora Vaca Films obtén a Medalla Castelao polo seu traballo
O Consello da Xunta anunciou onte as persoas e entidades que recibirán este ano as Medallas Castelao deste ano. Estes galardóns, que se outorgan a "aqueles galegos e galegas autores dunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana", recoñeceron a produtora coruñesa Vaca Films polo seu traballo con películas como
Cela 211 ou
El Niño e a súa expansión a nivel estatal e internacional. Canda a esta firma foron galardoados co comunicador Pepe Domingo Castaño, a futbolista Verónica Boquete , o catedrático de Dereito Industrial Carlos Fernández-Nóvoa e mais a Rede Galega contra a Trata, a recoñecer o seu traballo contra a explotación sexual..
Amplía a nova>>
01/06/2015
A Mostra de Cine Etnográfico chega á súa X edición
Compostela e Vigo teñen a partir de mañá cadansúa cita cinematográfica. Así, na capital galega o Museo do Pobo Galego acolle ata o día seis a décima edición da Mostra de Cine Etnográfico, cun programa no que se dá unha ampla presenza galega. Directores como Xacio Baño, Marcos Nine, Rubén Pardiñas, Chispón ou Eloi Inciso comparten pantalla con filmes premiados no festival Espiello e cunha selección de obras do Chanfaina Lab de San Sadurniño. En paralelo, a Cidade Olívica acolle ata o día sete a cuarta Primavera de Cine. Un total de 55 filmes e videoclips amplían a oferta deste evento, entre os que se inclúe unha mostra de producións lusófonas. Ademais, no marco do encontro, a organización entregaralle un premio honorífico a Sarabela Teatro polo seu traballo..
Amplía a nova>>
29/05/2015
Brasil e Ken Jacobs protagonizan o VI mostra S8
Con Brasil como país convidado, a Mostra de Cinema Periférico S8 chega á súa sexta edición na Coruña. No programa destaca o cineasta experimental Ken Jacobs, do que se estreará a nivel mundial o filme
New Paintings e se proxectará
Time Squared. Canda a el, presentarase unha retrospectiva do brasileiro Marcos Bertoni, así como traballos da súa compatriota Paula Gaitán. e unha representación do festival 25FPS, de Zagreb, así como un espazo dedicado ao galego Xacio Baño e o estreo mundial do filme Volontè. A programación, que se desenvolve entre o 3 e o 7 de xuño inclúe tamén obradoiros de sonorización e performances..
Amplía a nova>>