O documental de Antonio Caeiro A volta dos nove foi seleccionada polo público como mellor longametraxe na IV edición do festival Primavera do Cine. O encontro vigués fechaba onte as súas portas logo do que a organización recoñeceu como un "éxito de crítica pero non de público". Os asistentes seleccionaron tamén Curricán de Álvaro Gago como mellor curtametraxe, e outorgáronlle o premio ao mellor videoclip a Bombones de cereza, no que Cristian Otero y Marc Soler lle poñen imaxes a un tema do grupo Inerttes. O festival entregou tamén o seu premio de honra a Sarabela Teatro en homenaxe á súa traxectoria.