Novas | 1501 a 1510 de 4159

<< Anterior Siguiente >>

25/05/2015
Curricán e Disney triunfan en Cans

O XII Festival de Cans daba a coñecer na noite de onte os gañadores desta edición. O xurado, formado por Sandra Sánchez, Antonio Mourelos, Avelino González, Nerea Barros, Mercedes Peón, Enrique Otero e Fran P. Lorenzo, seleccionou como mellor curtametraxe Curricán, de Álvaro Gago "por facer confluír nun mesmo espazo e tempo narrativo un retrato íntimo e tamén colectivo a través dun achegamento poético". Os veciños, pola súa banda, outorgaron o seu Can de Pedra a Disney de Jorge Saavedra. . Amplía a nova>>

21/05/2015
Catro produtoras participan no Marché du Film de Cannes

Unha misión comercial galega tenta vender proxectos galegos no Marché du Film de Cannes que se celebra ue se celebra ata o 23 de maio en paralelo ao Festival Internacional de Cine de Cannes e está considerado o máis importante do mundo no seu ámbito. As produtoras Vaca Films, Agallas, Maruxiña e Dragoia Media representan o noso audiovisual nunha delegación na que colaboran a Axencia Galega das Industrias Culturais e mais o Instituto Galego de Promoción Económica.. Amplía a nova>>

20/05/2015
AGADIC convoca as axudas a producións de contido cultural galego

Dous millóns de euros, unha cantidade igual á do pasado ano. Este é o orzamento que a Axencia Galega das Industrias Culturais distribuirá na súa convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o anuncio, que por vez primeira inclúe 60.000 euros destinados a apoiar curtametraxes. Outra novidade é a creación dunha liña específica para as longametraxes documentais cinematográficas. Canda a estas apoiarase a produción de longametraxes de ficción, de animación e mais producións ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión. . Amplía a nova>>

11/05/2015
Catro filmes con produción galega coincidiron esta fin de semana nos cines españois

As películas galegas ‘As altas presións’, de Matriuska Producións, ‘A Esmorga’, de Vía Láctea Filmes, ‘Maimiño’, de Ficción Producciones, e ‘A cambio de nada’, coproducida por ZircoZine, inician mañá 8 de maio a súa distribución nos cines españois, o que suporá a coincidencia nas próximas semanas nas carteleiras comerciais de catro títulos con produción galega de moi diversos xéneros.. Amplía a nova>>

08/05/2015
O Cine Adriano de Fene recupera a súa memoria

A Casa da Cultura de Fene acolle desde hoxe e ata o 30 de maio a exposición "Adriano, sesión continua" e a proxeccción do audiovisual "Adriano, sesión continua", que resume a experiencia da realización de 17 intervencións artísticas que recuperan a memoria dun cine fundamental para a vida de Fene durante varias décadas. . Amplía a nova>>

05/05/2015
Cans completa o seu programa con José Luís Cuerda

Os responsables do XII Festival de Cans, que se celebrará entre os vindeiros 20 e 23 de maio, presentaban esta mañá o programa desta edición. Ao xa anunciado premio Pedrigree a Javier Gutiérrez, o evento audiovisual do Porriño incorpora ao seu cartel o cineasta José Luís Cuerda, que protagonizará un coloquio e verá o seu nome incorporado ao Torreiro das Estrelas. Ademais, o festival crea un novo espazo de homenaxe, o Muro dos Chimpíns, no que se recollerán os Premios Pepe Puime, que este ano foi para o veciño Juan Rivas. . Amplía a nova>>

30/04/2015
Gonzalo Veloso presenta o documental Contextualizando a Filgueira Valverde

A poucos días de celebrar o Día das Letras Galegas Gonzalo Veloso presenta no web da Consellería de Cultura o documental online Contextualizando a Filgueira Valverde, un traballo divulgativo sobre a figura de Filgueira Valverde, realizado a partir de material de arquivo e conversas entre amigos, familiares, especialistas e investigadores. . Amplía a nova>>

28/04/2015
O filme de produción galega A Cambio de Nada triunfa no festival de Málaga

A cambio de nada, o filme dirixido por Daniel Guzmán e coproducido pola produtora galega Zircozine, propiedade de Luis Tosar e Farruco Castromán, canda La Competencia e El Niño Producciones, acaba de obter tres premios no festival de cine de Málaga: mellor película, mellor director e mellor actor secundario para Antonio Bachiller, canda o premio especial da crítica. O filme convírtese así na gran triunfadora deste prestixioso festival e chegará a todos os cines o próximo 8 de maio. . Amplía a nova>>

20/04/2015
Fracasados por el Mundo imponse no Carballo Interplay

O xurado do Carballo Interplay, o festival de contidos dixitais que se celebrou esta fin de semana, acordou premiar Fracasados por el Mundo como mellor webserie de imaxe real e outorgar unha mención especial a La caída de Apolo, que tamén viu premiada a súa protagonista, Carla Pueyo, como mellor actriz. Comaland no apartado da animación, Future Duck na categoría internacional e Oriol Vila no premio ao mellor actor, foron tamén recoñecidos. A nivel galego, Fame fíxose co galardón a mellor webserie V.O. Galicia mentres o público escolleu Clases de lo social como a súa predilecta. MELLOR WEBSERIE PREMIO DO PÚBLICO “Clases de lo social”. Amplía a nova>>

16/04/2015
O Play-Doc proxectará sete filmes galegos

Os responsables do festival internacional de documentais de Tui, Play-Doc, presentaban esta mañá o programa da XI edición, que se celebrará entre o 22 e o 26 de abril. Para alén dos sete títulos que competirán na sección oficial, xa anunciados, o evento acollerlá a proxección doutras tantas producións galegas. Traballos de Xacio Baño, Marcos Nine, Eloy Domínguez, Xisela Franco, Álvaro Fernández-Pulpeiro e Miguel Mariño exhibiranse no festival.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org