O filme de produción galega A Cambio de Nada triunfa no festival de Málaga

Obtén os premios a mellor filme, mellor director, actor secundario e o da crítica

Obtén os premios a mellor filme, mellor director, actor secundario e o da crítica
Fotograma do filme
A cambio de nada, o filme dirixido por Daniel Guzmán e coproducido pola produtora galega Zircozine, propiedade de Luis Tosar e Farruco Castromán, canda La Competencia e El Niño Producciones, acaba de obter tres premios no festival de cine de Málaga: mellor película, mellor director e mellor actor secundario para Antonio Bachiller, canda o premio especial da crítica. O filme convírtese así na gran triunfadora deste prestixioso festival e chegará a todos os cines o próximo 8 de maio.

Trailer do filme: