O XII Festival de Cans daba a coñecer na noite de onte os gañadores desta edición. O xurado, formado por Sandra Sánchez, Antonio Mourelos, Avelino González, Nerea Barros, Mercedes Peón, Enrique Otero e Fran P. Lorenzo, seleccionou como mellor curtametraxe Curricán, de Álvaro Gago "por facer confluír nun mesmo espazo e tempo narrativo un retrato íntimo e tamén colectivo a través dun achegamento poético". Os veciños, pola súa banda, outorgaron o seu Can de Pedra a Disney de Jorge Saavedra.
A mellor interpretación feminina foi a de Marta Larralde en Disney, traballo no que tamén obtivo Fernando González o galardón á interpretación masculina. Carlos Martínez-Peñalver fixo a mellor dirección co seu traballo en Nocturna, mentres o premio ao guión levouno The Fetch, de Ángeles Huerta.
No apartado de bandas sonoras impúxose Unary de Nico Casal "pola súa solidez e a súa intencionalidade narrativa", e o premio do público, cunha dotación de 2.000 foi para Deber, de Ángel Manzano.
O xurado outorgou tamén unha mención especial a M is for Melon de Luis Solarat "pola súa visión transgresora da sexualidade falocéntrica contemporánea", e outra a Ula de Alejandra Sotelo pola "capacidade de facer unha peza artística dende unha mirada sorprendente".
No concurso de videoclips o gañador foi Magma y Trueno, de Guerrera, dirixido por Adrián González e Rafael Pérez, mentres o público escolleu Floating, de Mequetrefe, dirixido por Xaime Miranda Méndez.