A Praza do Concello de Riós acolle hoxe e mañá a VIII edición do Festival de Artes Escénicas. Audiovisual, música e teatro mestúranse nesta iniciativa, que contará con actuacións como as de Najla Shami, Gustavo Almeida, Habitación Vudú, a Coral Cantarela e Pandereteiras de Riós. Ademáis proxectaranse filmes como Mil sorrisos e un perdón ou avances de Vida e Máis ca vida asà como o making of do documental Zamarras negras. Mercedes Peón, homenaxaeada coa Castaña de Cristal, e mais Roberto Verino e MarÃa do Ceo que darán nome a dous castiñeiros, serán os persoeiros recoñecidos nesta edición do evento. A edición inaugura ademais a sección Gatroñam, que integra a gastronomia no programa.