O concello coruñés de San Sadurniño acolle esta fin de semana a segunda edición do Chanfaina Lab. Máis de vinte realizadores audiovisuais participan nesta inciiativa que tenta "poñer en valor o territorio rural a través dos ollos dos creadores e creadoras galegos". Este venres inÃcianse as actividades cun ciclo de cine rural para todos os públicos cos filmes: O Carro e o home (Antonio Román), Mamasunción (Chano Piñeiro) e O desexo (Miguel Castelo) entre outros. Os realizadores gravarán pequenas pezas audiovisuais no concello que serán emitidas, posteriormente, en xaneiro.