03/05/2016
Psiconautas leva o premio Animovie do Festival de Stuttgart
O Festival de animación de Stuttgart fechaba onte as súas portas a achegar un novo galardón ao palmarés do filme
Psiconautas. A longametraxe que codirixou e coguionizou o coruñés Alberto Vázquez fíxose co premio AniMovie, que recoñece a mellor longametraxe de animación. O traballo, baseado nunha BD do propio Vázquez, participará tamén no Festival de Animación de Annecy, onde o debuxante e director tamén compite coa curtametraxe
Decorado..
Amplía a nova>>
29/04/2016
Os I Premios Crea xa teñen finalistas
As once categorías da primeira edición dos Premios Crea, que convoca a Asociación de directores e realizadores para recoñecer o traballo no audiovisual xa teñen finalistas. Na longametraxe de ficción, o premio dispútano Ángel Santos por
Las Altas presiones, Dani de la Torre por
El Desconocido, Alber Ponte por
Little Galicia e Simón Casal por
Lobos Sucios. En canto a serie de televisión optan ao premio Jorge Cassinello por
Hospital Real, Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel Espiñeira por
Serramoura, Toño López e Jorge Coira por
Luci e mais Carlos Sedes por
Velvet. En programa de televisión, pola súa banda, compiten Jorge Saavedra por
E agora que?, Gaspar Broullón e Simón Vázquez por
Éche así, Roberto Vilar e José Villaverde por
Land Rober Tunai Show e Suso Iglesias por
Naqueles tempos. Os galardóns entregaranse nunha gala o vindeiro 14 de maio. A mellor Longametraxe documental despútana César Souto e Luís Avilés por
Os días afogados, Diana Toucedo por
En todas as mans, Susana Sotelo por
Querida Gina e Jorge Coira por
Torre de Breoghan..
Amplía a nova>>
27/04/2016
Un ciclo de cinema leva o audiovisual galego a Bos Aires
As actividades da 42ª Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, que está a celebrar con Compostela como cidade convidada, chegan para alén do literario.
Galicia en cine é o título do ciclo cinematográfico que acolle o Cine Gaumont da capital arxentina ata o vindeiro 4 de maio. O programa achega unha selección de dezasete filmes do audiovisual galego máis actual, con títulos como
Lobos sucios,
As altas presións,
A esmorga,
Maimiño ou
Inevitable entre outras. .
Amplía a nova>>
25/04/2016
El desconocido arrasa nos Mestre Mateo con doce galardóns
Acumulaba dezaseis candidaturas, e voltou con doce galardóns da gala que se celebrou este sábado no Pazo da Ópera da Coruña.
El desconocido, o filme producido por Vaca Films e Atresmedia Cine, coa participación da TVG, converteuse no grande triunfador dos XIV Premios Mestre Mateo 2016, a conseguir case a metade das figuras desta edición. Mellor filme, Dani de la Torre como mellor director, Luís Tosar como mellor actor ou Paula del Río co premio a mellor actriz foron algúns dos principais galardóns que obtivo esta produción. A estes súmanse os de mellores actriz e actor de reparto (Elvira Mínguez e Javier Gutiérrez), guión (Alberto Marini), dirección de produción (Carla Pérez de Albeniz), montaxe (Jorge Coira), música orixinal (Manuel Riveiro), son (David Machado, Nacho Arenas e Jaime Fernández)e dirección de fotografía (Josu Incháustegui)..
Amplía a nova>>
22/04/2016
O audiovisual galego conquista o Festival de Málaga
Unha importante presenza galega desembarca no Festival de Cinema de Málaga, que abre hoxe as súas portas. En total serán tres longametraxes de ficción, dous documentais e unha curtametraxe de directores do noso país ou realizadas en Galicia as que fan parte deste prestixioso encontro. Entre as producións destacadas está a estrea de
Estirpe, ópera prima do coruñés Adrián López, e mais a presentación de
Kauflanders, de Olaia Sendón.
O filme
Toro, que protaganizan Luís Tosar e Mario Casas e que se rodou parcialmente en Vigo abrirá, fóra de concurso o evento. Nas seccións de curtametraxes,
Unary do noiés Luís Avilés Baquero, o documental
Freedom to kill other's children de David Varela e
Cocinando en el fin del mundo de Alberto Vaamonde completan a representación..
Amplía a nova>>
20/04/2016
Trinta e seis webseries competirán no III Carballo Interplay
Unha selección de trinta e cinco webseries, de entre as 122 que se presentaron ao concurso poderá verse na terceira edición do Carballo Interplay. O Festival de Contidos Dixitais celebrarase entre os vindeiros 5 e 7 de maio e contará con 9 webseries galegas, 15 do resto do Estado e 12 do resto do mundo na súa selección. De todas elas, 30 competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real, 6 á de animación, 12 polo premio á mellor webserie internacional e 7 á de versión orixinal en galego. A organización sinala un importante predominio da comedia nas producións seleccionadas, xa que 28 das 36 corresponden a este xénero..
Amplía a nova>>
20/04/2016
Óliver Laxe leva a súa segunda longametraxe á Semana da Crítica de Cannes
Aínda sen competir na selección oficial, o audiovisual galego ten a súa presenza nas seccións paralelas do festival de Cannes, que abre as súas portas o vindeiro 11 de maio. Deste xeito,
Mimosas, segunda longametraxe de Óliver Laxe, poderá verse no marco da Semana da Crítica, un evento que se desenvolverá entre o 12 e o 20 de maio na localidade francesa. A produción, un proxecto conxunto de España, Marrocos, Francia e Qatar, é o único proxecto español presente na sección.
.
Amplía a nova>>
18/04/2016
Xavier Villaverde leva o premio Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os gañadores dos dous galardóns que concede a súa directiva. Nesta ocasión, o premio Fernando Rey, que recoñece a carreira no sector audiovisual foi para Xavier Villaverde, a quen a AGA galardoa "por ser un dos pioneiros no renacer do cine en Galicia desde os anos oitenta". Canda a este, o premio José Sellier, que honra iniciativas salientables no sector audiovisual, foi para a sala Númax, a recoñecer a súa aposta por cinema en versión orixinal e independente. Os premios déronse a coñecer no encontro de finalistas que se celebrou esta fin de semana en Cambre. Na xuntanza tamén se revelou que Marga Pazos e Xosé A. Touriñán serán os presentadores da gala dos premios Mestre Mateo que se desenvolverán o vindeiro sábado 23 no Pazo da Ópera da Coruña. O centenario do filme
Miss Ledyia será o eixe desta celebración..
Amplía a nova>>
18/04/2016
O galego Eloy Domíngez gaña o Play-Doc con No Cow on the Ice
No Cow on the Ice, un filme rodado durante unha estadía en Noruega polo galego Eloy Domínguez foi vencedor no XII Festival Play-Doc que se celebrou esta fin de semana en Tui. O xurado da sección oficial, composto polo crítico luso Nuno Lisboa, a directora do festival de Sarajevo Pravo Ljudski e a realizadora afroamericana Akosua Adoma Owusu destacou que o filme "desprega as complexidades da realidade da que o cineasta é parte, ao tempo que busca a súa propia linguaxe cinematográfica" e que o director "desafía o cinema ao se enfrontar a problemáticas difíciles mediante decisións cinematográficas honestas"..
Amplía a nova>>
13/04/2016
Seis festivais de cinema reparten as subvencións da AGADIC
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) facía pública esta mañá a resolución de axudas a festivais audiovisuais. Un total de seis citas deste tipo repartirán os 105.000 euros da convocatoria, que incrementou nun 16% a súa contía a respecto do ano anterior. Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (S8), FICBUEU e Freakemacine son os eventos que conseguiron apoio público para as súas novas edicións. Play-Doc, con 24.395,08 euros é o que obtivo unha maior axuda, segundo polo XVIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, con 22.789,36 euros e Cans, que conta cun financiamento de 22.218,76. A sétima edición (S8) levou 18.076,25 euros, o FIC de Bueu 12.366 e o VIII Freakemacine fíxose con 5.153,78..
Amplía a nova>>