Unha importante presenza galega desembarca no Festival de Cinema de Málaga, que abre hoxe as súas portas. En total serán tres longametraxes de ficción, dous documentais e unha curtametraxe de directores do noso paÃs ou realizadas en Galicia as que fan parte deste prestixioso encontro. Entre as producións destacadas está a estrea de Estirpe, ópera prima do coruñés Adrián López, e mais a presentación de Kauflanders, de Olaia Sendón.
O filme Toro, que protaganizan LuÃs Tosar e Mario Casas e que se rodou parcialmente en Vigo abrirá, fóra de concurso o evento. Nas seccións de curtametraxes, Unary do noiés LuÃs Avilés Baquero, o documental Freedom to kill other's children de David Varela e Cocinando en el fin del mundo de Alberto Vaamonde completan a representación.