As once categorías da primeira edición dos Premios Crea, que convoca a Asociación de directores e realizadores para recoñecer o traballo no audiovisual xa teñen finalistas. Na longametraxe de ficción, o premio dispútano Ángel Santos por Las Altas presiones, Dani de la Torre por El Desconocido, Alber Ponte por Little Galicia e Simón Casal por Lobos Sucios. En canto a serie de televisión optan ao premio Jorge Cassinello por Hospital Real, Miguel Conde, Jorge Saavedra e Manuel Espiñeira por Serramoura, Toño López e Jorge Coira por Luci e mais Carlos Sedes por Velvet. En programa de televisión, pola súa banda, compiten Jorge Saavedra por E agora que?, Gaspar Broullón e Simón Vázquez por Éche así, Roberto Vilar e José Villaverde por Land Rober Tunai Show e Suso Iglesias por Naqueles tempos. Os galardóns entregaranse nunha gala o vindeiro 14 de maio. A mellor Longametraxe documental despútana César Souto e Luís Avilés por Os días afogados, Diana Toucedo por En todas as mans, Susana Sotelo por Querida Gina e Jorge Coira por Torre de Breoghan.