Os premios Crea recoñecerán o traballo dos directores do país

Os galardóns inclúen 11 categorías e mais un recoñocemento honorífico

11/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Asociación de directores e realizadores de Galicia presentaba o pasado venres os Premios Crea, cos que esta entidade quere recoñecer os traballos da industria audiovisual galega. Os novos galardóns nacen sen todación económica e con 11 categorías centradas todas elas na mellor dirección. Longametraxe de ficción, longametraxe documental, curtametraxe de ficción, curtametraxe documental, obra de animación, serie TV, serie web, programa de TV, videoclip, spot ou campaña publicitaria e mais obra experimental son as categorías desta primeira edición. Ademais haberá un premio de honra.

Poderán optar a estes galardóns "todos os realizadores/as e directores/as con estreas no ano 2015 e que cumpran polo menos un dos seguintes requisitos: que o idioma principal sexa o galego, que a obra sexa de produción galega ou que o director/a sexa galego/a". Os premiados daranse o coñecer o vindeiro sábado 14 de maio, na cea anual da asociación.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Animación, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, Lingua galega