A Asociación Galega de Profesionais da Realización e da Dirección (CREA) ven de recoñecer a aqueles dos seus colegas que destacaron nos traballos de dirección no pasado ano. Os VI Premios CREA entregáronse o 17 de outubro de 2021 recaendo o Premio de Honra na cineasta e académica Margarita Ledo, o de Mellor Dirección de Longametraxe de Ficción en Fon Cortizo por '9 Fugas' e o de Mellor Dirección de Serie de televisión en Jorge Coira por 'Hierro' (Tempada 2).
Ademais diso a asociación repartiu outro sete premios á dirección de distintas categorÃas de formatos audiovisuais e dúas mencións especiais: á promoción da igualdade de xénero, para Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e CIMA; á visibilidade do cinema galego no exterior, para a produtora Beli MartÃnez (Filmika Galaika). Sonia Méndez recolleu o premio a Mellor Dirección de Longametraxe Documental por 'A poeta analfabeta'; Xacio Baño recibiu por 'Augas abisais' o de Mellor Dirección de Curtametraxe Documental; Nomà Chantada o equivalente en curtametraxe de ficción por 'Xoves de comadres'. O palmarés dos realizadores recoñecidos polos seus compañeiros de priofesión complétase cos premios a Mellor Dirección de Obra Experimental, para Juan Lesta por 1,34943x10e4; Mellor Dirección de Spot ou Campaña, que foi parar Ex Aequo para Illa Bufarda (Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades) por Eu fico e Mergúllate, le en galego; Mellor Dirección de Videoclip para Manu Viqueira por 'Ratas' de Soziedad Alkohólika e o de Mellor Dirección de Web serie para LucÃa Estévez por 'Xan. Serie'.