Patricia Ferreira Imaxe: Arquivo AVG
A Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización CREA ven de repartir os seus galardóns anuais, que inclúen nove premios, incluÃdo un honorÃfico. Neste caso o Premio de Honra tivo carácter póstumo ao ser para a desaparecida realizadora madrileña de orixe galega Patricia Ferreira (Madrid, 1958 -2023), o recoñecemento foi recollido por Carme Rábade nunha cerimonia que tivo lugar na Sala Riquela de Santiago de Compostela. Outro dos nomes desta edición dos galardóns foi o da directora Jaione Camborda, cuxo filme 'O Corno' obtivo o Premio a Mellor longametraxe de ficción e ela acadou a Mención Especial DAMA á internacionalización do audiovisual galego. O galardón á Mellor Longametraxe documental de CREA foi para a realizadora Area Erina pola súa ópera prima 'Aurora' (Gaita Filmes) historia na que dúas mulleres, Aurora e Area, de idades e experiencias distintas, crean unha relación Ãntima de conversas sobre a morte, a familia, a guerra ou o papel da muller ao longo de dez anos.