Aínda que a entrega de galardóns celebrouse o pasado sábado, non foi ata hoxe que a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia non fixo pública a listaxe íntegra de gañadores dos Premios Crea na súa segunda edición. Entre estes homenaxes, nados para recoñecer "dun xeito público a aqueles colegas que destaquen nunha faceta de dirección ou realización audioviual. E de paso axudar a promocionar o seu traballo", a asociación acordou recoñecer co premio de honra o persoal do Centro Galego das Artes da Imaxe "polo seu traballo -non sempre nas mellores condicións- a prol da conservación do patrimonio audiovisual galego, asi como pola súa contribución á educación das nosas miradas". Canda a este, acordou outorgarlle unha mención especial á Visibilidade do cinema galego no exterior a Olga Osorio, Óliver Laxe e Alberto Vázquez, mentre outra mención especial á Promoción da igualdade de xénero foi para o Proxecto Cinema e Muller.
Para alén destes galardóns honoríficos, a asociación recoñeceu como mellor longametraxe de ficción as Mimosas de Óliver Laxe, mentres o mellor documental foi para a asociación Esquece Monelos de Ángeles Huerta. Decorado de Alberto Vázquez amplía o seu palmarés ao sumar o galarón á obra de animación, e Dalia, a modista foi recoñecida como mellor serie televisiva.
Listaxe completo dos II Premios Crea
Curtametraxe ficción: Olga Osorio por Einstein-Rosen
Curtametraxe documental: Giselle Llanio por Instantes dun retorno
Longametraxe ficción: Óliver Laxe por Mimosas
Longametraxe documental: Ángeles Huerta por Esquece Monelos
Obra de animación: Alberto Vázquez por Decorado
Obra experimental: Fran X. Rodríguez por ADIOS SOIDA
Programa TV: Gaspar Broullón por Deportes imposibles
Serie TV: Giselle Llanio por Dalia, a modista
Spot ou Campaña publicitaria: compartido entre Fran X. Rodríguez por Beard Mourning e Juan
Galiñanes por Cambados, feito a man
Videoclip: Manu Viqueira por Troubled Times
Webserie: Mario Iglesias por El origen del problema
Mención Especial á Visibilidade do cinema galego no exterior: Olga Osorio, Óliver Laxe e Alberto Vázquez.
Mención Especial á Promoción da igualdade de xénero: Proxecto Cinema e Muller.
Premio de Honra: Traballadores do CGAI, polo seu traballo -non sempre nas mellores condicións- a prol da conservación do patrimonio audiovisual galego, asi como pola súa contribución á educación das nosas miradas.