07/04/2017
Unha nova escola de artes visuais achegará formación de cinema e fotografía a Vigo
Oito profesionais da fotografía e do cinema poñen a andar 35.ESAV, a primeira escola superior dedicada ás artes visuais en Galicia. O MARCO de Vigo acolle ás sete da tarde hoxe a presentación deste proxecto, que anuncia catro mestrados de 600 horas, un ciclo de formación superior de dous anos e obradoiros sobre diferentes aspectos da fotografía e do cinema. Fotografía de natureza e científica, foto de autor e documental, cinema e creación audiovisual e fotografía de publicidade de moda serán os eixes dos catro mestrados, aos que se suma un Ciclo Superior de Fotografía. Juan Pablo Moreiras, Quique Touriño, Eutropio Rodríguez, Xisela Franco e Javier Fernández Pérez de Lis son os directores das diferentes formacións, e entre os profesores, a nova escola anuncia nomes como Óliver Laxe, Nico Pereda, Diana Toucedo e Phill Hoffman. 35 prevé acondicionar un espazo expositivo na cidade e anuncia colaboracións con diferentes entidades..
Amplía a nova>>
04/04/2017
Sete produtoras audiovisuais na misión comercial ao MIPTV de Cannes
Sete empresas do audiovisual galego están presentes estes días no mercado audiovisual MIPTV 2017, que se celebra ata o 6 de abril na cidade francesa de Cannes. O MIPTV é a principal feira internacional para a comercialización de todo tipo de programas, formatos e contidos para televisión. As empresas acoden a esta cita como parte da delegación organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Ficción Producciones, Maruxiña Films, Somadrome e Voz Audiovisual repiten a experiencia do ano pasado, mentres que CTV, Ollo Vivo e Productora Faro incorpóranse nesta edición á misión comercial e institucional galega. As sete produtoras compartirán punto de encontro co resto das empresas españolas do pavillón ‘Audiovisual from Spain’, promovido polo ICEX España Exportación e Inversiones. .
Amplía a nova>>
03/04/2017
Estrea mundial en Buenos Aires da película 'Dhogs' de Andrés Goteira
O
Buenos Aires festival de Cine Independente, Bafici, acollerá a estrea mundial do “thriller”
Doghs>, ópera pimra do lucense Andres Goteira protagonizada por Melania Cruz, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Iván Marcos e Carlos Blanco. A cinta competirá na sección Vangarda e Xénero do festival boanerense e entre as súa competidoras hai outras dúas películas relacionadas coa produción audiovisual galega: a cinta rodada en Galicia
Santoalla, dos realizadores neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer; a coñecida e premiada no festival de Cannes
Mimosas de Oliver Laxe, premio Mestre Mateo á mellor dirección. Ademais destas tres cintas tamén estará presente en competición oficial na sección de comedias a película de Frida Films
María y los demás, recentemente premiada co Mestre Mateo á mellor película. O Bafici comeza o vindeiro 19 de abril..
Amplía a nova>>
03/04/2017
Dor e pesar na escena galega pola morte do actor Mateo González
A prematura morte do actor eumés Mateo González aos 35 anos, ocorrida tráxicamente, na noite de gala do teatro galego, deixou a toda a comunidade escénica consternada. Unha fatal caída nos peiraos da Coruña na madrugada causou o falecemento do actor. Nacido en Pontedeume en 1982, Mateo González era un novo valor da interpretación do noso país. Formado na Escola de Teatro de Narón, o seu traballo interpretativo desenvolveuse tanto no audiovisual coma no teatro. No ámbito teatral, participou en montaxes como
Love Room, no ano 2015,
La cita, no ano 2014 e
Piel de salitre en 2013. Na televisión, traballou nos últimos anos en series como
Amar es para siempre, Luci ou, na actualidade, en
Fontealba e
Serramoura. No cine, Mateo González traballou en fitas como
El desconocido, filmada na cidade onde faleceu. Desque se coñeceu a funesta nova, foron moitas as dedicatoria s e lembranzas tanto colectivas como individuais que se lamentaban da súa temperá desaparición. Compañeiros e compañeiras que compartiron con el algunhas destas producións tiveron palabra de lembranza e dor nas redes sociais e algúns deles dedicáronlle
In Memorian a emisión desta semana do capítulo de Serramoura, lamentado que esta dedicatoria non se fixese de xeito formal na pantalla por parte da TVG. A representación en carballo da obra
A cabeza do Dragón fíxose coa especial dedicatoria a Mateo González e ao tamén falecido estes días Paco Souto..
Amplía a nova>>
31/03/2017
Comeza na Illa de Arousa o ciclo de exhibición de curtametraxes Ficciónate
O Auditorio Municipal da Illa de Arousa será hoxe ás 20 horas a primeira parada das proxeccións do ciclo de cinema Ficciónate de novos talentos do audiovisual galego. Este ciclo desenvolvido desde Abella Creativa en coprodución con MT Producciones ofrece catro curtametraxes de ficción de recente produción seleccionadas por un xurado de entre 29 obras presentadas. Na Illa de Arousa dará comezo esta seguinda edición do ciclo que está previsto chegue a máis dunha ducia de localidades. O público que se achegue poderá ver por 2 euros catro producións pensadas para chegar a todos os públicos e de temáticas achegadas á actualidade. Entre as catro seleccionadas está a curtametraxe
Einstein-Rosen de Olga Osorio, recente gañadora do Mestre Mateo e gañadora tamén do premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional Cineglobe en Suíza. O cartel do ciclo o completan as películas
Illa Pedra de Adriana Páramo,
Curricán de Álvaro Gago, gañadora do Premio do Festival de Cans, e
Superpunky, El Musical de Pablo Cacheda..
Amplía a nova>>
27/03/2017
Premio á mellor curtametraxe para Olga Osorio no festival internacional CineGlobe
A curtametraxe
Einstein-Rosen , escrita e dirixida por Olga Osorio, ven de gañar en Suíza o Premio á mellor curtametraxe no certame internacional CineGlobe, festival do CERN, o Centro Europeo para a Investigación Nuclear. O filme, rodado no barrio coruñés das Flores e que conta cos seus dous fillos Teo e Óscar como actores xunto a Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro, levou así o maior galardón deste festival suízo. A curtametraxe levou recentemente tamén o premio na súa categoría nos Mestre Mateo da industria audiovisual galega. A produción tamén finalista en dúas categorías nos FirstGlance Film Festivals (Hollywood, Philadelphia) de Los Ángeles , como mellor curtametraxe de ciencia-ficción e polos mellores actores xuvenís, no dúo de irmáns. Hoxe luns proxéctase dentro da sección oficial do C-Fem, Festival Europeo de Cine Fantástico de Murcia e está incluído dentro do Ciclo Ficcionate que levará cinema galego por diversas localidades e que se presentará mañá no CGAI.
Einstein –Rosen conta unha historia que comeza no ano 1982 cando un neno cre descubrir un Burato de Verme que permite traspasar as barreiras temporais..
Amplía a nova>>
27/03/2017
Ama-San imponse no XIII Play-Doc
Un "traballo impecable, sen imaxes superfluas nin editorializantes". Así definiu o xurado do XIII Play-Doc de Tui o filme
Ama-San, que foi galardoado este sábado co premio do festival de documentais. O primeiro filme da portuguesa Cláudia Vairejão logrou, segundo a acta de concesión do galardón, "condensar o que calquera cineasta desexa retratar, a través dunha extraordinaria fotografía, un ritmo pausado e un modesto control, que encaixa perfectamente co recoñecemento aos seus protagonistas". Carmen Gray, Jake Perlin e Philippe Azoury foron os responsables de realizar a selección entre os cinco filmes a concurso, e sinalaron a dificultade que supuxo escoller a gañadora.
Omar y Gloria, de Jimmy Cohen,
Le Concours, de Claire Simon,
Libera Nos (Liberami) e
El futuro perfecto, de Nele Wohlatz eran os outros filmes que competían polo premio. O filme vencedor narra a historia de tres mergulladoras xaponesas que se dedican á extracción de orella de mar.
.
Amplía a nova>>
23/03/2017
A Agadic apunta incumprimento das bases por parte dos festivais que quedaron sen axudas
A reclamación que o festival de Cans anunciou sobre a resolución das axudas a festivais audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturas (Agadic) está a dar moito que falar estes días. O evento do Porriño denunciaba esta semana que canda ao mesmo, catro festivais de cine de grande importancia no país, Curtocircuito, Cineuropa, Freakemacine e Primavera do Cine quedaran sen axuda por problemas técnicos que impediran a presentación telemática da solicitude. Onte o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais o director da Agadic, Jacobo Sutil, anunciaban que solicitaran un informe á Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para comprobar se os eventos iniciaran o proceso de presentación electrónica da documentación e se se producira algunha incidencia que lles impedise completar o procedemento..
Amplía a nova>>
21/03/2017
Cans recorrerá as axudas a festivais audiovisuais da Agadic
A exclusión do Festival de Cans da convocatoria de subvencións para eventos audiovisuais da Agadic sitúa esta cita en "situación de incertidume" a dous meses da súa celebración. A organización do evento denuncia que a resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais deixou fóra das axudas o festival do Porriño por un "defecto de forma" na entrega de documentación e sinala a súa intención de recorrer esta decisión. Os responsable de Cans sinalan ademais que outros catros eventos, Curtocircuito e Cineuropa de Santiago, Freakemacine da Coruña e Primavera do Cine de Vigo, viven situacións análogas e tamén presentarán reclamacións ante esta decisión. Segundo explican nun comunicado, os problemas para presentar as solicitudes por vía electrónica, procedemento que era obrigatorio por vez primeira, está detrás dos sinalados defectos..
Amplía a nova>>
20/03/2017
Doce filmes galegos e cinco estreas mundiais marcan o XIII Play-Doc
A organización do Play-Doc, festival de documentais de Tui, presentaba esta mañá o programa súa XIII Edición. Un total de doce filmes galegos, entre eles 5 estreas mundiais, marcan o groso do programa do festival que se desenvolve desde o mércores 22 ata o domingo 26 de marzo. Así,
Aysha, de Fon Cortizo; Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas;
Lenda Negra, de Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vincentelli;
Quiasma, de Tono Mejuto e
O equilibrio dous opostos, de Alberto Baamonde, son as primicias mundiais, ás que se suma a preestrea de
Rapa das bestas, de
Jaione Camborda. Completan a selección galega
Esquece Monelos, de Ángeles Huerta,
La fuga de los 45, de Cristina Caamaño;
Montañas ardientes que vomitan fuego, de Helena Girón e Samuel M. Delgado;
Rust, de Eloy Domínguez Serén;
Manuel Vilariño. Ser luz, de José Manuel Mouriño; e
Vai chover, de Santiago D. Risco.
.
Amplía a nova>>