A curtametraxe Einstein-Rosen , escrita e dirixida por Olga Osorio, ven de gañar en Suíza o Premio á mellor curtametraxe no certame internacional CineGlobe, festival do CERN, o Centro Europeo para a Investigación Nuclear. O filme, rodado no barrio coruñés das Flores e que conta cos seus dous fillos Teo e Óscar como actores xunto a Xúlio Abonjo e Ricardo de Barreiro, levou así o maior galardón deste festival suízo. A curtametraxe levou recentemente tamén o premio na súa categoría nos Mestre Mateo da industria audiovisual galega. A produción tamén finalista en dúas categorías nos FirstGlance Film Festivals (Hollywood, Philadelphia) de Los Ángeles , como mellor curtametraxe de ciencia-ficción e polos mellores actores xuvenís, no dúo de irmáns. Hoxe luns proxéctase dentro da sección oficial do C-Fem, Festival Europeo de Cine Fantástico de Murcia e está incluído dentro do Ciclo Ficcionate que levará cinema galego por diversas localidades e que se presentará mañá no CGAI. Einstein Rosen conta unha historia que comeza no ano 1982 cando un neno cre descubrir un Burato de Verme que permite traspasar as barreiras temporais.