Comeza na Illa de Arousa o ciclo de exhibición de curtametraxes Ficciónate

Catro obras de recente produción e temática actual percorrerán varias localidades

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualSociedade
Compartir:
Cartel do ciclo

Cartel do ciclo

O Auditorio Municipal da Illa de Arousa será hoxe ás 20 horas a primeira parada das proxeccións do ciclo de cinema Ficciónate de novos talentos do audiovisual galego. Este ciclo desenvolvido desde Abella Creativa en coprodución con MT Producciones ofrece catro curtametraxes de ficción de recente produción seleccionadas por un xurado de entre 29 obras presentadas. Na Illa de Arousa dará comezo esta seguinda edición do ciclo que está previsto chegue a máis dunha ducia de localidades. O público que se achegue poderá ver por 2 euros catro producións pensadas para chegar a todos os públicos e de temáticas achegadas á actualidade. Entre as catro seleccionadas está a curtametraxe Einstein-Rosen de Olga Osorio, recente gañadora do Mestre Mateo e gañadora tamén do premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional Cineglobe en Suíza. O cartel do ciclo o completan as películas Illa Pedra de Adriana Páramo, Curricán de Álvaro Gago, gañadora do Premio do Festival de Cans, e Superpunky, El Musical de Pablo Cacheda.

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa, que este ano comeza a súa segunda edición. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuítos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras e acadar que as obras de cinema de curta duración chegasen ao público. Catro curtametraxes de ficción que viron a luz durante os últimos dous anos e que unen forzas para pescudar novas vías de exhibición e colaboración conxunta para facer chegar estas obras de pequeno formato ao gran público.

Que che parece esta nova?
131 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de Arousa, Cine, Olga Osorio, Álvaro Gago...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos