A prematura morte do actor eumés Mateo González aos 35 anos, ocorrida tráxicamente, na noite de gala do teatro galego, deixou a toda a comunidade escénica consternada. Unha fatal caÃda nos peiraos da Coruña na madrugada causou o falecemento do actor. Nacido en Pontedeume en 1982, Mateo González era un novo valor da interpretación do noso paÃs. Formado na Escola de Teatro de Narón, o seu traballo interpretativo desenvolveuse tanto no audiovisual coma no teatro. No ámbito teatral, participou en montaxes como Love Room, no ano 2015, La cita, no ano 2014 e Piel de salitre en 2013. Na televisión, traballou nos últimos anos en series como Amar es para siempre, Luci ou, na actualidade, en Fontealba e Serramoura. No cine, Mateo González traballou en fitas como El desconocido, filmada na cidade onde faleceu. Desque se coñeceu a funesta nova, foron moitas as dedicatoria s e lembranzas tanto colectivas como individuais que se lamentaban da súa temperá desaparición. Compañeiros e compañeiras que compartiron con el algunhas destas producións tiveron palabra de lembranza e dor nas redes sociais e algúns deles dedicáronlle In Memorian a emisión desta semana do capÃtulo de Serramoura, lamentado que esta dedicatoria non se fixese de xeito formal na pantalla por parte da TVG. A representación en carballo da obra A cabeza do Dragón fÃxose coa especial dedicatoria a Mateo González e ao tamén falecido estes dÃas Paco Souto.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, da que era asociado, emitiu un comunicado de pésame no que lembraba toda a súa traxectoria mandándolle a familia e achegados "todo o agarimo por parte de toda a familia que é esta profesión, da que forma parte e coa que se reuniu o pasado mércores na cerimonia de entrega dos MarÃa Casares.", din desde a AAAG. Tamén o sindicato estatal Unión de Actores tivo unha lembranza a través das redes sociais para González. O Concello de Pontedeume decretou un dÃa de loito oficial e desde o Padroado de Cultura de Narón ao que pertence a Escola de Teatro de Narón onde González se formou lembraron que do actor "fican a súa alegrÃa e a súa xenerosidade. O moito que lle gustaba actuar e o pracer que sentÃa vendo brillar na actuación ás súas compañeiras e compañeiros de escena. Gardaremos como un tesouro o amor que nos tiña e o amor que lle temos. Foise un de nós, 'un da Escola', pero como ben sabemos nela, nunca ninguén se vai de todo." Desde a área de Cultura da Deputación da Coruña tamén se sumaron á dor polo falecemento do actor : "nestes dÃas tan tristes para a cultura galega e manifestamos o noso apoio tanto a súa familia e amizades como a toda a profesión no mundo do teatro e o audiovisual que están a sentir a súa perda."