O Buenos Aires festival de Cine Independente, Bafici, acollerá a estrea mundial do “thriller” Doghs>, ópera pimra do lucense Andres Goteira protagonizada por Melania Cruz, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Iván Marcos e Carlos Blanco. A cinta competirá na sección Vangarda e Xénero do festival boanerense e entre as súa competidoras hai outras dúas pelÃculas relacionadas coa produción audiovisual galega: a cinta rodada en Galicia Santoalla, dos realizadores neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer; a coñecida e premiada no festival de Cannes Mimosas de Oliver Laxe, premio Mestre Mateo á mellor dirección. Ademais destas tres cintas tamén estará presente en competición oficial na sección de comedias a pelÃcula de Frida Films MarÃa y los demás, recentemente premiada co Mestre Mateo á mellor pelÃcula. O Bafici comeza o vindeiro 19 de abril.
Doghs é un "Thriller" inusual que narra, segundo consta na presentación unha historia "movida polos fÃos do azar" na que un encontro casual entre un home de negocios e unha misteriosa muller nos conduce a unha aventura furtiva, a un deserto e a un crime. A cinta está producida por Gaita Filmes e Pixel Films e está en galego no orixinal. Por outra banda Satoalla que neste caso fai a estrea latinoamericana , está baseada na historia real dun honadés desparecido durante anos tras chegar a vivir a unha aldea galega coa súa muller e cuxo corpo foi atopado nun bosque anos despois o que conduciu á detención dun veciño seu. A parella de directores estodunidenses recolleu o caso e teceu o enigma arredor desta historia e da personaxe da muller, Margo, a esposa do desaparecido, que conviviu durante anos co asasino como viciño.