Novas | 1 a 10 de 4282

Siguiente >>

18/11/2025
Comeza a 33 Semana de Cine Submarino en Vigo

Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afundación na rúa Marqués de Valladares en Vigo acollerá esta 33ª edición na que o ano pasado participaron más de 1.200 persoas e que este ano contará con proxeccións matinais ás que asistirán máis dun milleiro de escolares de primaria de Vigo e comarca. Con entrada libre, as proxeccións, ás que seguirá un coloquio con persoal investigador, documentalistas e divulgadores mariños, permitirá ás e aos espectadores descubrir as profundidades mariñas de Galicia, Indonesia ou Costa Rica; os tesouros arqueolóxicos que agochan os fondos baleares ou as peculiaridades dunha especie que habita nas augas da illas Cíes e que recibe o nome de 'o rei'. A directora do Instituto Español de Oceanografía e exalumna da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Rosa Figueroa; o director do Ciclo internacional de cine submarino de San Sebastián, David Sánchez e a bióloga costarricense Beatriz Naranjo, serán os convidados aos coloquios que se desenvolverán cada día despois das proxeccións audiovisuais.. Amplía a nova>>

17/11/2025
O Festival Xociviga achega curtas de 22 nacionalidades ao Carballiño

O Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga celebra entre os días 19 e 23 de novembro a súa nova edición no Carballiño. Na que é a segunda xeira desde a súa renovación, o veterano encontro achega producións de 22 nacionalidades diferentes, seleccionadas entre as máis de mil que concorreron á convocatoria.. Amplía a nova>>

14/11/2025
Emma Lustres recollerá a Medalla de Ouro dos Premios Forqué

A produtora e fundadora de Vaca Films, Emma Lustres, foi galardoada este 13 de novembro coa medalla de ouro de EGEDA, Sociedade de servizos para os produtores audiovisuais. O recoñecemento, que se outorga no marco dos Premios Forqué do cinema estatal, valora a carreira da profesional galega canda á súa loita polos dereitos do oficio de produción. Lustres recollerá o emblema na gala de los 31 Premios Forqué que se celebrará o 13 de decembro en Madrid.. Amplía a nova>>

13/11/2025
A XXVI Mostra de Curtas de Noia programa 45 filmes na súa sección oficial

Unha gala de presentación daba a saída este 12 de novembro á vixésima sexta edición da Mostra de Curtas de Noia. Cunha selección de oitenta filmes na sección oficial, das máis de mil que se presentaron a concurso, o encontro desenvólvese ata o vindeiro 22 novembro, onde se celebrará o acto de peche e entrega de galardóns.. Amplía a nova>>

11/11/2025
O VI Cormorán Film Fest achega once filmes internacionais á Coruña

Un total de once títulos, a incluír tres estreas estatais e cinco galegas, compoñen a Selección Oficial do VI Cormorán Film Fest. O ciclo, que se desenvolve entre os días 13 e 23 de novembro na Coruña, conta con Amalia Ulman, Constantine Costi e Julius Krebs Damsbo como principais persoas convidadas.. Amplía a nova>>

07/11/2025
Santiago acolle a primeira edición de Pixel á feira

Medio cento de proxectos galegos de videoxogos atópanse en Pixel á feira, o primeiro grande salón dedicado a esta industria no noso país. A iniciativa, que se desenvolve no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela entre os días 8 e 9 de novembro, pretende "situar este medio no centro da vida cultural galega e de recoñecelo como o que xa é a nivel internacional: unha manifestación artística de enorme relevancia, un motor creativo e un lugar de encontro entre persoas", segundo explica a organización.. Amplía a nova>>

06/11/2025
María Vázquez recibirá o premio Ramón Piñeiro, Facer País

A Asociación Cultural Val de Láncara outorgoulle á actriz María Vázquez o XXIII premio Ramón Piñeiro, Facer País. A entidade recoñécelle a Vázquez que "entende que facer país é vivir a lingua, apoiar a cultura e coidar o territorio". O galardón valora anualmente o labor dunha persoa ou entidade a favor do desenvolvemento de Galicia.. Amplía a nova>>

04/11/2025
A Xunta apoia a campaña promocional de Sirât cara os Oscar

O Consello da Xunta autorizou este luns a próxima sinatura dun convenio de colaboración con Los Desertores Films AIE, unha das produtoras da película de Oliver Laxe Sirât, mediante o que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cofinancia con 50.000 euros a campaña de promoción internacional do filme na súa carreira cara aos Oscar como candidata oficial de España para optar ao premio á mellor película internacional. Esta é a primeira vez que un director galego é seleccionado para representar a España nos Oscar e faino, ademais, cun filme con participación galega na súa produción.. Amplía a nova>>

03/11/2025
Filmes de dez países no palmarés do Curtas festival de Vilagarcía

'Hippocampus', a curtametraxe de Xaime Miranda con guión do director e Nuno Pico (Grande Amore) resultou a gañadora na sección de curtas galegas da 53 edición de Curtas festival do imaxinario de Vilagarcía de Arousa. A película, protagonizada por Adrián Ríos e Lidia Veiga, conta a historia de Tomás, un home atormentado pola lembranza dunha tarde que pasou con Marta, o amor platónico da súa vida, moitas décadas atrás. Pero grazas a un novo dispositivo tecnolóxico, Tomás pode revivir ese momento e talvez darlle un xiro. Foi seleccionada polo xurado de entre as doce obras competidoras da sección de curtametraxes galegas.. Amplía a nova>>

31/10/2025
A diversidade e á inclusión centran o III Foro da Industria Galega do Audiovisual

O III Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA) converterá a próxima semana a cidade da Coruña no epicentro da reflexión sobre a diversidade e a inclusión no audiovisual. O encontro celebrarase do 5 ao 7 de novembro no Espacio Avenida e nos Cantones Cines, e reunirá durante tres días a creadoras, profesionais e especialistas galegos e estatais para abordar os desafíos e oportunidades dun audiovisual máis plural. O Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, realizada grazas ao apoio do Concello da Coruña e da área de Cultura da Deputación da Coruña, e conta nesta edición coa colaboración de ABANCA.. Amplía a nova>>

Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org