Hoxe sopra 33 candeas a Semana de Cine Submarino de Vigo, inaugurando unha nova edición que desde este martes e ata o xoves volverá a achegar o mundo mariño a través de curtas e longametraxes nacionais e internacionais. O auditorio do teatro Afundación na rúa Marqués de Valladares en Vigo acollerá esta 33ª edición na que o ano pasado participaron más de 1.200 persoas e que este ano contará con proxeccións matinais ás que asistirán máis dun milleiro de escolares de primaria de Vigo e comarca. Con entrada libre, as proxeccións, ás que seguirá un coloquio con persoal investigador, documentalistas e divulgadores mariños, permitirá ás e aos espectadores descubrir as profundidades mariñas de Galicia, Indonesia ou Costa Rica; os tesouros arqueolóxicos que agochan os fondos baleares ou as peculiaridades dunha especie que habita nas augas da illas CÃes e que recibe o nome de 'o rei'. A directora do Instituto Español de OceanografÃa e exalumna da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Rosa Figueroa; o director do Ciclo internacional de cine submarino de San Sebastián, David Sánchez e a bióloga costarricense Beatriz Naranjo, serán os convidados aos coloquios que se desenvolverán cada dÃa despois das proxeccións audiovisuais.
A 33ª edición da Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo comezará hoxe coa proxección da curtametraxe 'O océano non é noso' de Xaime Beiro e Lara González, para continuar con tres vÃdeos do Instituto Balear de Estudos en ArqueoloxÃa MarÃtima (IBEAM): 'Frágil, preservando o invisible'; 'Profundidades de Ibiza' e 'El pecio de Ses Fontanelles'. As proxeccións rematarán co traballo do produtor e director Mario Cuesta 'El futuro del océano', unha peza do Instituto Español de OceanografÃa que afonda no momento crÃtico que atravesan os océanos, derivado da sobrepesca ou a contaminación. Nesta primeira xornada da Semana a convidada no coloquio posterior ás proxeccións é a directora do Instituto Español de OceanografÃa do CSIC, Rosa Figueroa. Figueroa, que foi anteriormente directora do Centro Oceanográfico de Vigo, naceu en Vigo e é investigadora no campo da ecoloxÃa e a fisioloxÃas das microalgas mariñas, especializada en algas nocivas e biotoxinas.
Traballos premiados no CIMASUB
A segunda xornada da 33ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo centrarase na proxección de vÃdeos e documentais premiados no Ciclo Internacional de Cine Submarino de Donostia-San Sebastián 2024 (Cimasub), que regresa a Vigo por oitava vez. Entre as proxeccións previstas atópase 'Red Alert On Corals' que explora o papel fundamental dos arrecifes de coral na biodiversidade mariña e na vida humana; a curtametraxe musical 'Raja Ampat. The last paradise' de David Galván, onde se descobren as augas cristalinas de Indonesia ou o documental 'Nika, el calderón tropical', que amosa a explotación a que está sometida Tenerife e a nefasta xestión que se realizou nas última décadas. O convidado no coloquio posterior ás proxeccións é David Sánchez Carretero, director do Cimasub, ademais de mergullador e realizador de curtametraxes submarinas.
A Semana de Cine Submarino da UVigo chegará ao seu fin o xoves 20 de novembro coa proxección de varias curtametraxes. 'Kallailoi, o mar das meigas' de Jorge MartÃnez, será o primeiro e o seguirán 'Un Xavi' de Xaime Beiro e Lara González en homenaxe a Xavi Safont e 'Wild Life-Migrations' co que Jorge Candán gañou o Campionato de España de VÃdeo Submarino 2024. As proxeccións complétanse con 'O PaÃs das augas profundas' do Schmidt Ocean Institute, Alex Ingle e 'Costa Rica Descoñecida', que explora por vez primeira o mar profundo do paÃs de América Central que agocha montañas submarinas, xardÃns de corais e especies sorprendentes. 'O rei do arrecife das illas CÃes' de José Irisarri protagonizado polo gallano (Labrus mixtus), e que en Galicia recibe o nome de "rei", pechará as proxeccións da Semana de Cine que terá como derradeira convidada a Beatriz Naranjo Elizondo,bióloga costrarricense, que lidera a iniciativa Costa Rica Desconocida, que busca visibilizar o patrimonio mariño profundo do paÃs.