É un clásico na programación do outono vigués, a Semana de Cine Submarino, que chega mañá mércores á carteleira. Faino coa proxección de Pacífico Sur: un océano de islas que abre tres días de proxeccións e presentación a cargo dun científico relacionado co mundo mariño, máis as xornadas para escolares. Nesta ocasión non haberá ningunha produción galega na programación e desenvolverase no Centro Cultural Novacaixagalicia.

