Conferencias e proxeccións compoñen o programa da XIII Semana de Cine Submarino de Vigo

Cine de auga

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Universidade e Club Subacuático Bahía de Vigo traballan xuntos da man para organizar a XIII edición da Semana de Cine submarino. E no programa deste ano destácanse dous apartados. Por unha banda a das conferencias, que contará co laureado e coñecido realizador estrela Christian Petron, responsable da expedición do submarino Nautile á zona de afundimento do Titanic en 1998. Pola outra, a das proxeccións o programa conta coa exhibición de produccións internacionais, nacionais e dúas cintas realizadas integramente en Galicia. As xornadas, que comezarán o mércores desenvolveranse no Centro Cultural Caixanova ata o día 28 de novembro.

Máis información no web das Xornadas e na ficha de "Mar de Estrelas" en AVG

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vigo, AVG, Centro Cultural Caixanova...

Claves

Conceptos
Lugares