Andy Byatt, realizador de series para a BBC, estará presente na XVIII Semana de Cine submarino

Por primeira vez, algunhas da conferencias teñen lugar na propia Cidade Universitaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Proxeccións e conferencias sobre arrecifes, corais e a máis variada fauna subacuática conforman o programa da XVIII edición da Semana de Cine Submarino. Unha actividade que este ano conta con Andy Byatt como convidado “estrela”, xa que é realizador da serie da BBC Planeta Azul, da premiada Terra e da serie documental Deep Blue. O programa desenvólvese desde mañá e ata o venres con proxeccións e conferencias no centro cultural que Caixanova ten en Vigo e, por primeira vez, no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias do Mar, na propia Cidade Universitaria.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, BBC, Documental, Caixanova...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares