Un documental explora as profundidades mariñas das costas galegas

Proxéctase no marco da Semana de Cine Submariño que comeza hoxe en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O bosque encantado é o título do último documental do galego Jorge Candal que grava as profundaidaes mariñas das costas galegas. Un traballo que recibiu varios premios nacionais e internacionais e que se estrea no marco da Semana de Cine Submariño que comeza hoxe en Vigo. Un encontro que cumpre 29 edicións e que este ano presenta varioas novidades: en primeiro lugar, proxectará películas en alta definición, antes da proxeccións haberá un pequeno espectáculo audiovisual (diaporamas con música) e os títulos proxectados teñen unha duración maior (90 minutos). Canda o habitual programa expositivo haberá conferencias sobre os fondos mariños dos distintos fondos do planeta.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Cine, Espectáculo, Lingua galega...