A 28ª Semana de Cine Submarino ofrecerá dúas estreas galegas

Un documental sobre o naufraxio do barco Cordero González nas Ons en 1975 será un deles

Un documental sobre o naufraxio do barco Cordero González nas Ons en 1975 será un deles
Fotograma do documental Buscadores de naufraxios: Cordero González
A Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo comezará mañá, 13 de novembro, a súa víxésima oitava edición no Teatro AFundación da cidade olívica. O evento organizado pola Universidade de Vigo ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de respectar o medio mariño e as especies que o habitan e garantir a súa conservación. Nesta edición deste cita na que se presentan producións internacionais vencelladas ao audiovisual submarino Terán lugar asa estreas de dúas cintas galegas. En Buscadores de naufraxios: Cordero González, o documental de 20 minutos de Edu Lavandeira, coñecemos máis sobre as circunstancias do sinistro que tivo este pesqueiro en 1975 tras ser abordado polo mercante Playa de Aldán nas inmediacións das Ons. Lavandeira documenta o achádego do Pecio e fai entrevistas a tripulantes sobrevivintes. A segunda peza que se estreará na 28ª edición da semana de cine submarino e que tamén é unha produción galega é Secretos da marea, unha obra de Jorge Candán de sete minutos na que o realizador aproxímase ás especies máis descoñecidas que habitan as profundidades mariñas galegas.



Con Nuestra planeta azul, traballo realizado por BBC Earth dentro da súa serie Blue planet II e consideradas como as mellores producións submarinas feitas ata agora inaugúrase mañá a Semana. A continuación proxectrarase o traballo asinado polo mergullador portugués Rui Guerra, Ansiao: Expedição às profundezas, sobre a exploración dunha cova submarina de 45 metros de profundidade. O fotógrafo e mergullador luso será o invitado no primeiro dos coloquios que se celebrará o martes día 13, trala proxección. As proxeccións para o público comezarán ás 20.00 horas, mentres que entre as 10.00 e as 12.00 da mañá terán lugar os habituais pases para escolares de centros de ensino da provincia, coordinados pola Obra Social Abanca Afundación, copatrocinadores da Semana Internacional de Cine Submarino Universidade de Vigo.