Unha produción galega gaña o primeiro premio de cine submarino de San Sebastián

O vigués Jorge Candán é o realizador de "Mar de un bosque encantado"

A produción audiovisual "Mar de un bosque encantado" gañou o primeiro premio do 37º Ciclo de Cine Submarino de San Sebastián (Cimasub 2013). Trátase dun documental que permite coñecer os bosques de algas do fondo das rías e costa galegas e a cadea alimenticia dos diferentes animais que a habitan.