A Semana de Cine Submarino acolle unha estrea mundial de National Geographic

O evento desenvólvese en Vigo entre o 26 e o 28 de novembro

25/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Vigo acolle entre mañá e o vindeiro 28 de novembro a vixésimo cuarta edición da Semana de Cine Submarino. O evento conta como principal novidade este ano coa estrea mundial do documental Illas Desventuradas: O Chile máis salvaxe rodado para National Geographic. Precisamente Manu San Félix, biólogo e operador de cámara nesta produción será o convidado de honra da nova edición. Canda a este traballo, a cita inclúe no seu programa outros tres documentais vencellados a National Geographic e as producións Esencia das mareas e mais Mar dun bosque encantado do galego Jorge Candán, que tamén acudirá como convidado.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Vigo, Documentais, Documental...