O Teatro Afundación de Vigo acolle desde mañá mércores 22 de novembro e ata o venres 24 a XXVII edición da Semana de Cine Submarino, un evento xa clásico na cidade e promovido desde a Universidade de Vigo. Nesta edición, o mércores dous documentais de National Geographic ao redor da investigación cientÃfica nos océanos e o proceso de cultivo das pérolas. Nos vindeiros dÃas amosaranse, entre outras, as producións galegas Syngdoc: o descoñecido mundo dos signátidos e Mareas Vermellas, ámbalas dúas de Inexnia Audiovisual. Os convidados desta edición son os biólogos Fran Ramil, Francisco RodrÃguez Hernandez e Miquel Planas Oliver.
O vindeiro xoves 14 de decembro presentaremos a obra máis ambiciosa do autor local, Bruno Rúa. Trátase de 17 libros temáticos sobre o patrimonio da nosa comarca, dende o máis arcaico ata a actualidade. Deste xeito Bruno Rúa preséntanos: "Mámoas, estelas e pedrafitas", "Os castros e as súas lendas", "Igrexas e mosteiros", "Ermidas e capelas", "Cruceiros e Petos das ánimas", "Roma e o Támega", "Mundo xermánico e alto medieval", "Fontes, pozos e lavadoiros", "Muiños, norias, pontes, pontillóns e poltras", "Xanelas, portas e corredores", "Pedras senlleiras e lugares máxicos", "Rutas arcaicas", "Arquitectura industrial", "Arquitectura popular e pazos", "Arte sacra", "Arte moderna e contemporánea" e por último "Petroglifos do alto Támega".
Tal e coma recoñece o autor no prólogo, toma o nome de Taboada Chivite, coma homenaxe ao ilustre etnógrafo da nosa comarca.
Hora: 19:30h
Lugar: Biblioteca do Concello de VerÃn