
O mércores, dia 17, a Semana arrancará con 'Pristine Seas: Protegiendo los mares', producida por National Geographic e asinada polo mergullador Enric Sala. Sala amosa nesta peza como eran os océanos hai centos de anos e por que temos que protexelos. Un traballo de dez anos no que Sala e o seu equipo viaxan aos lugares máis salvaxes e remotos do planeta. A segunda produción desta primeira xornada será 'Secretos del océano', do cántabro Enrique Talledo, quen será o protagonista do debate desta xornada. O xoves, 18 de novembro, o público poderá gozar con 'Peces increÃbles', producida por National Geographic, unha peza na que o espectador terá a oportunidade de admirar especies pouco habituais como o tubÃcula chusco, un peixe totalmente desproporcionado, ou o peixe-ra que apenas pode nadar. A continuación, seguiralle a produción 'Mar da minha terra' de Luis Quinta, proxección que contará co seu director como invitado desta segunda xornada. O camarógrafo luso logra neste traballo, que filma entre a Costa da Caparica e o Cabo Espichel, atoparse con viaxeiros oceánicos. Todo sucede no coñecido como o canón de Lisboa, un abismo que alcanza os 700 metros de profundidade, no que habitan peixes difÃciles de atopar. Un documental que dá a coñecer un lugar moi próximo e, á vez, descoñecido.
A terceira e derradeira xornada desta XXX Semana, o venres 19, comezará con 'Cantábrico Salvaje', de Enrique Telledo para seguir con 'Océanos profundos' de National Geographic. No primeiro traballo, Talledo amosa a gran biodiversidade do Cantábrico, desde enormes cachalotes ata pequenos cabalos de mar ao longo da zona infralitoral de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. Pola súa banda, o audiovisual que pechará esta XXX Semana de Cine Submarino céntrase na Antártida, o lugar máis frÃo do planeta, e descubrirá como é a vida submarina neste lugar. O invitado deste dÃa será Jesús Souza Troncoso, catedrático de ZooloxÃa e investigador do CIM (Centro de Investigación Mariña), da Universidade de Vigo.