Comezan as actividades de Maio, mes da lingua en Pontevedra

O programa inclúe roteiros, proxeccións ou conferencias entre outras propostas

5/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A celebración mañá e Pontevedra do Correlingua é un dos puntos destacados do programa Maio, mes da lingua que celebra a cidade do Lérez. Canda a esta carreira popular, ata o comezo de xuño desenvolveranse na cidade roteiros, conferencias, proxeccións de filmes coma O espírito do bosque, e Os mortos van ás présas, intercambios lingüísticos ou actuacións teatrais. No entanto, será o 16 cando se concentren os actos. Un recital poético e mais un concerto servirán de marco á homenaxe a Ramón Piñeiro que se celebrará na praza de Curros Enríquez.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ramón Piñeiro, Correlingua, Lérez...