O IX Brumario Poético de Pontevedra homenaxea a Ulises

As actividades celebraranse no Teatro Principal entre o 8 e o 28 de novembro

28/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Cuña-Casasvellas leva de novo a poesía ao outono de Pontevedra coa celebración do IX Brumario Poético. Coa figura de Ulises como eixe, o encontro dedicará un recital colectivo ao heroe grego, ademais de achegar un recital-concerto dedidado a Paul Eluard, unha homenaxe a Agustín García Calvo e as xa habituais sesións dediadas a Manuel Cuña Novás e Jorge Cuña Casasbellas. Ademais, o programa do encontro inclúe dúas exposicións na galería Sargadelos e na sala Versus, unha andaina poética pola cidade e mais proxeccións cinematográficas de De profundis de Miguelanxo Prado e de El que debe morir, de Jules Dassin, así como a estrea de Regreso ao mar das sereas

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulises, Pontevedra, Teatro, Miguelanxo Prado...