Pontevedra acolle a inauguración de dous novos espazos dedicados á arte

Hoxe abre Versus, vencellado á Fundación Cuña Casasbellas

Esta é unha semana moi prolífica para a arte en Pontevedra. Hoxe abre ao público o primeiro dos dous centros de arte que ten prevista a súa apertura estes días. Chámase Versus (Gerardo Álvarez Limeses, 12) e pretende xuntar poesía e arte nun espazo rehabilitado por César Portela. É a sede propia da Fundación Cuña Casasbellas que lle permitirá manter a súa liña de actividades como exposicións (abre unha mostra de fotografía do artista Antón Babío) ou os habituais Brumarios Poéticos. Canda ela, esta fin de semana a arquitecta Pilar Franco abrirá o seu novo espazo de traballo que combina arquitectura con arte. Tal e como publica hoxe Diario de Pontevedra, o espazo inicia a súa andaina con Momentos, unha mostra de pintura realizada pola propia Pilar.