Curtopía e o Festival de Cine Submarino enchen Vigo de audiovisual

Estrearanse dous filmes galegos de temática mariña, O mar da fin do mundo e A Carón do Miño

Seis documentais e tres conferencias conforman o programa dun clásico do outono vigués: o Festival de Cine Submarino. O encontro é unha referencia no seu xénero en todo o Estado (leva vinte edicións ininterrompidas) e, alén de proxeccións tamén coproduce filmes. É o caso de dous dos traballos que se presentan este ano, dúa estreas galegas, que leva por título O mar da fin do mundo e A Carón do Miño. De xeito paralelo, diferentes salas de Vigo seguen a acoller o primeiro festival de curtametraxes de Vigo, Curtopía. Videoclips, curtametraxes, documentais, experimentación... imaxe e son conforman o programa deste encontro que proxecta 300 títulos.