O I Festival de Curtas Cidade de Sada proxecta dez filmes galegos

Curtas para dous días

Curtametraxes e documentais é o que ofrece entre hoxe e mañá o I Festival de Curtas Cidade de Sada que organiza o concello desta vila. Dez produccións realizadas na Coruña e unha provinte do País Basco conforman uhnha carteleira na que os veciños decidirán o premio á mellor película mediante votación.

Curtas



A proxección de curtametraxes comezará hoxe ás sete e prolongarase por un espacio aproximado de tres horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Os filmes que se poderán ver son "¿Amigas?" de Daniel Loncán, "Aula XII" de Alfonso Hernández, "Paranoia" e "Las bellas y la bestia" de Lucas Productions, "O Cruceiro" de Manuel Blasco, "Ratón" de Pedro Narciso, "Heroína" de Modesto Pena e "El diablo me hizo hacerlo" de Nico Campos. Dase a circunstancia de que todas as curtametraxes foron rodadas na Coruña e que tamén todas, agás "Ratón", son estreas. As técnicas empregadas nestes filmes van desde a realidade virtual ó video doméstico ou a película profesional.











Documentais



A programación do festival verase completada mañá pola mañá sábado entre as once e media e as dúas da tarde coa proxección dos documentais "María Pita y el certo de A Coruña" e "O Río Mandeo". As dúas produccións, de carácter histórico didáctico, foron dirixidas por Antonio Río López e tamén se rodaron na zona da courña. O último dos documentais que se exhibirá será "Sin libertad" unha producción da Fundación Miguel Ángel Blanco e da plataforma Basta Ya na que se trata o problema do terrorismo no País Vasco.




Premios


O público do festival será o encargado de decidir a obra que se fai co galardón especial, consistente nunha figuriña de cerámica de Sargadelos. Os demais participantes rcibirán un medallón. Segundo sinala Pablo López, un dos coordinadores do certame,, "ó ser esta a primeira edición non contabamos con cartos pra os premios" pero asegura que o festival continuará nos vindeiros anos coa vocación de exhibir curtametraxes e documentais que teñen difícil saída comercial.