Mañá inaugúrase a XXV Semana de Cine Submarino de Vigo

Celébrase no Teatro Afundación

24/11/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces

Fotograma de

A clásica Semana de Cine Submarino de Vigo inaugúrase mañá no Teatro Afundación coas proxeccións Os buscadores do tesouro da Ría de Vigo e O legado das rías galegas. A continuación, celebrarase un coloquio no que participarán Robert Sténuit, emblemático arqueólogo belga, e J.J Candán, autor do segundo documental e produtor e fotógrafo. A Semana inclúe unha exposición, Tesouros e galeóns na lembranza, composta por 34 imaxes tomadas aos restos afundidos na baía de Rande pola devandita expedición dirixida polo mergullador John S. Potter. A mostra poderá verse no vestíbulo do Teatro Afundación.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos