A XXVI Semana de Cine Submarino homenaxeará o mergullador Alexis Macía

O Teatro Afundación de Vigo acolle o ciclo a partir do mércores 23

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A XXVI Semana de Cine Submarino homenaxeará o mergullador Alexis Macía

Un ano máis, e van vinte e seis, Vigo acolle unha nova edición da Semana de Cine Submarino. O Teatro Afundación acolle a partir de mañá, mércores 26 de novembro, as proxeccións deste ciclo, que nesta xeira homenaxea o mergullador olívico Alexis Macía, falecido o pasado mes de abril, coa proxección o xoves 24 do filme Solopecios: memoria mergullada. O programa achega un total de sete producións de diferentes países, entre elas os traballos Espejo líquido, su última obra e La Palma: La isla azul do canario Rafael Herrero. Un documental sobre os tiburóns e outro sobre os chocos da enseada de San Simón abren a programación o día 23, mentres o 25 un traballo sobre o peixe remo xigante e outro sobre os arrecifes de Nova Caledonia fecharán o evento.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Teatro, Teatro Afundación de Vigo, Documental...