
Cun especial foco na creación galega neste ámbito, o encontro que organiza a Deputación da Coruña inclúe unha exposición do MUVI - Museo do Videoxogo de Galicia, que amosará vinte e dúas pezas emblemáticas da historia do sector. Ademais, poderán probarse algunhas das producións máis recentes, con propostas como as de ChusChus Games, Acariño Games, Widijou ou as realizadas polo alumnado da Universidade da Coruña. O evento acollerá tamén o acto de entrega dos premios do I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña.
Presentacións, obradoiros e conversas daranse cita no Escenario DLC, espazo participativo que naceu dunha convocatoria aberta á comunidade galega do videoxogo. Unha área de encontros profesionais, un concerto de Tiaviolà Gaming, a charla Arte & Historia nos Assassin’s Creed de El Barroquista, un espectáculo de improvisación gamer, a gravación do podcast Recuncho Gamer, o Gamesong Trivial Musical ou un encontro SEGA co divulgador Marc Rollán El Funs fan tamén parte do programa.
Ademais das actividades, haberá unha área de mercado con tendas e artistas da cultura dixital, unha selección de máquinas recreativas orixinais a disposición do público e torneos de tÃtulos clásicos e actuais da industria.






