O Consello da Xunta autorizou este luns a próxima sinatura dun convenio de colaboración con Los Desertores Films AIE, unha das produtoras da película de Oliver Laxe Sirât, mediante o que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cofinancia con 50.000 euros a campaña de promoción internacional do filme na súa carreira cara aos Oscar como candidata oficial de España para optar ao premio á mellor película internacional. Esta é a primeira vez que un director galego é seleccionado para representar a España nos Oscar e faino, ademais, cun filme con participación galega na súa produción.
O investimento da Xunta destinarase ao desenvolvemento ata finais de 2025 dunha campaña promocional cun orzamento total de case cen mil euros, que terá os seus focos principais en Los Ángeles, Nova York e Londres, co fin de impulsar o posicionamento de Sirât entre o resto das candidatas internacionais e de lle dar a máxima visibilidade entre as persoas membros da academia estadounidense que votarán nesta 98ª edición dos galardóns. Así, reforzarase a presenza de Oliver Laxe e doutros dos integrantes do equipo en festivais, eventos da industria, pases especiais ou encontros coa crítica e a prensa especializada, entre outras accións. Esta nova coincide coa selección de Sirât, como candidata aos Premios do Cine Independente Británico (BIFA) na categoría a Mellor Longametraxe Internacional, na que competirá cos filmes 'Un simple accidente', de Jafar Panahi, 'Valor Sentimental', de Joachim Trier, 'Sorry, Baby', de Eva Victor' e 'Sound of falling', de Mascha Schilinski. Estes galardóns daranse a coñecer o vindeiro 30 de novembro, mentres que a na carreira cara os Oscar haberá que agardar ao vindeiro mes de decembro para coñecer a listaxe dos 15 filmes internacionais que continuarán o percorrido ata xaneiro de 2026, cando se darán a coñecer os cinco títulos finalistas. O premio á mellor película internacional entregarase na gala que terá lugar en Los Ángeles o 15 de marzo.