14/11/2024
Comeza a VIIª edición do Festival Internacional Cinema Miudo de Ames
Dende hoxe a ata o vindeiro domingo, 17 de novembro, o Concello de Ames celebra a sétima edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, Cinema Miudo, un evento propio e diferenciado entre os certames audiovisuais. As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns transformaranse no epicentro do cinema infantil cunha programación de máis de 70 curtametraxes, talleres, e actividades especiais. Esta edición, baixo o lema 'As orixes do Cinema', convida á cativada a unha viaxe pola historia da sétima arte, desde os clásicos do cinema mudo ata as animacións máis contemporáneas. Nas sesións 'Pioneiros da Animación' e 'Pioneiros da Comedia', novidade deste ano, os espectadores poderán gozar dos gags de Charles Chaplin, Harold Lloyd e Buster Keaton, así como acceder aos históricos da animación e ás producións máis anovadoras. .
Amplía a nova>>
13/11/2024
A estabilidade marcou as cifras o sector cultural galego en 2023
O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 13 de novembro a VIII Conxuntura estatística do ámbito cultural, publicación na que repasa os principais indicadores do sector ao longo de 2023. As conclusións do documentos salientan a estabilidade que viviu o noso país neste aspecto en canto ás cifras de emprego e de creación de empresas, e revela que continúa a medrar a produción e o consumo..
Amplía a nova>>
13/11/2024
A Academia do Audiovisual entrega os VIII Premios María Luz Morales
A Academia Galega do Audiovisual anunciou os nomes dos galardoados na oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos, que recibirán un trofeo e unha dotación económica de 1.200 euros cada un. Na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego a obra gañadora foi 'Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira' de Breogán Xague. O galardón ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para 'Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal' de Manuel Barreiro Rozados. .
Amplía a nova>>
12/11/2024
O sector audiovisual reclama das administración máis aposta pola lingua
As sete asociacións sectoriais integrantes Mesa do Audiovisual Galego veñen de facer público un comunicado conxunto relativo ao estado actual da lingua galega na creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais. A raíz dos datos publicados fai semanas na 'Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego' do Instituto Galego de Estatística (IGE) estas sete asociacións do sector audiovisual (Academia Galega do Audiovisual, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación Galega de Produtoras Independentes, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, Asociación Sindical Galega de Guionistas, Cluster Audiovisual Galego e Coordinadora Galega de Festivais de Cinema) decidiron trasladar ao debate público a súa posición no que ten que ver coa lingua galega no audiovisual..
Amplía a nova>>
08/11/2024
Quiosco: Galicia Histórica número 92
O novo número de
Galicia Histórica, o boletín editado polo arquivo da Catedral de Santiago, dedica unha primeira entrega á presenza da catedral de Santiago no cine e a televisión, a partir da indagación nos fondos documentais da institución e na consulta da prensa local. A publicación comeza dando conta da rodaxe do primeiro filme no que aparece a catedral,
La casa de la Troya, rodado en 1924 a partir da exitosa novela homónima. Nos documentos obsérvanse os recelos do Cabildo da catedral -e o apoio do arcebispo, á filmación de escenas no interior do templo. O caderno dá tamén conta de diferentes filmacións do NO-DO ou mesmo da película
Orgullo e paixón, de Stanley Kramer (1957), onde se concedeu permiso para filmar escenas desde os balcóns da catedral. .
Amplía a nova>>
07/11/2024
Chega ás salas de cinema o documental Os espazos en branco
A sala NUMAX, en Santiago de Compostela, acollía este 6 de novembro a estrea comercial de
Os espazos en branco. O documental que Bruno Arias realizou sobre figura da súa tía, Xela Arias, inicia agora unha xira de presentación que o levará por oito salas máis do país, en cada unha das cales realizará unha única proxección..
Amplía a nova>>
05/11/2024
O 38º Cineuropa premia a Alberto Gracia e reivindica "a liberdade"
Do 7 ao 24 de novembro Cineuropa celebrará en Santiago a súa 38ª edición, a cuarta como certame competitivo. O programa inclúe máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas. Baixo o lema 'O corazón do cinema é a liberdade' e con Abraham Lincoln no cartel o festival presenta unha manchea de filmes que conectan pasado co presente de máis actualidade e conforman a sección temática da que devén o lema da edición: 'Henry Fonda for President. O corazón do cinema é a liberdade', un percorrido sobre un actor-mito que prestou corpo e voz á historia estadounidense en múltiples películas, encarnando os ideais da súa sociedade, ideais sobre os que xirarán numerosas proxeccións e actividades paralelas do festival. Na súa presentación, o director de Cineuropa, José Luís Losa, anunciou a entrega das distincións honoríficas deste ano a traxectoria ao director ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid Garcia-Jonsson, e o a realizadora brasileira Flávia Castro. .
Amplía a nova>>
30/10/2024
Os fondos para Cultura da Xunta medran un 5,5 por cento en 2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contará cun orzamento de 146 millóns de euros para 2025, un 7,5% máis do que no anterior exercicio. En canto aos fondos específicos dedicados á cultura, a suba é dun 5,5%. Así o asegurou José López, titular deste departamento, este 30 de outubro, na súa comparecencia ante a Comisión 3ª do Parlamento para presentar estas contas. .
Amplía a nova>>
30/10/2024
Margarita Ledo estrea 'Prefiro condenarme' no festival de Cine Europeo de Sevilla
O Festival de Cine Europeo de Sevilla acollerá o vindeiro día 9 de novembro a estrea mundial ao público do filme 'Prefiro condenarme' (Nós PCG, 2024), o novo traballo da cineasta Margarita Ledo Andíon (Castro de Rei, 1951). A película entrará en competición dentro da sección Las Nuevas Olas do festival hispalense e terá o seu primeiro pase ao público o sábado, 9 de novembro, ás 19:00 horas, repetindo o seguinte luns, día 11, ás 21:45 horas. Previamente o venres 8 habéra un pase para prensa e profesionais acreditados. 'Prefiro condenarme' chegará ás salas comerciais o vindeiro día 22 de novembro, en datas previas ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro).
.
Amplía a nova>>
28/10/2024
Gran Premio Alquimias na Seminci para o director Alberto Gracia
A película 'La Parra' de Alberto Gracia (Ferrol, 1978) ven de saír da 69ª Semana Internacional del Cine de Valladolid (Seminici) distinguida con premio da sección Alquimias, o espazo que o festival dedica ás obras de ficción que manexan unha linguaxe cinematográfica máis anovadora. O filme de Gracia, ambientado e rodado no seu Ferrol natal foi o elixido por un xurado conformado polo cineasta Gabe Klinger, o escritor e guionista Álex Mendíbil e a cineasta Helena Wittmann. O xurado considerou ao filme merecedor deste recoñecemento "por guiarnos cega e libremente por lugares pechados e incómodos a través das personaxes que elixen non responder". .
Amplía a nova>>